domingo, 13 de enero de 2013

Comentario de video



Como podemos apreciar a simple vista, este anuncio pretende convencernos da necesidade de comprar un novo coche. Para iso, utiliza diversos recursos como por exemplo a música de fondo, as emocións que provoca o novo clio na xente e incluso as cores xa que teñen unha gran importancia.
Dende un primeiro momento podemos apreciar diversos tipos de planos entre os cales destacan a utilizacion do primeiro plano, do plano detalle e do plano medio. Unha vez que nos referimos a este tema, podemos dicir que principalmente utilizaos ca finalidade de transmitir algo. O primeiro plano atopámolo xusto ao principio do video e tamén cando cada persoa conta a momento no que viu o coche.Por outra banda os planos detalles aparecen aparecen cerca do final como por exemplo cando amosa o símbolo do clio,e as melloras producidas no seu interior. Sen embargo, o plano medio atopámolo cando un dos letrados intenta averiguar como foi ou cal foi a sensación que percibiu ao velo.
En canto as cores podemos destacar diversas tonalidades. Se nos fixamos no principio podemos ver cores verdes que transmiten frescura pero a medida que avanzamos todo se volve escuro provocando así unha sensación tenúe de misterio. Cando o coche fai a súa primeira aparicion a cor principal é o vermello xa que ao aparecer de noite fai que nos fixemos máis no seu deseño e nas suas características.
Ademáis de todos estes recursos, tamén podemos apreciar a música, xa que, en todo momento está presente. Xusto no momento estelar do anuncio (aparición do producto a anunciar) podemos apreciar unha lixeira subida na intensidade da canción para dar momentos de emoción e intriga.A canción do anuncio é a banda sonora da película W.E E titúlase "Abdication".
O obxectivo deste anuncio é facerlle ver a xente todas as melloras que tivo o novo renault clio. 

martes, 2 de octubre de 2012

John Lennon

O nome do meu blog procede dunha das cancións de John Lennon considerado para moitos como unha lenda.

Benvidos

BENVIDOS!

Como seguramente podedes apreciar esta é a miña primeira entrada. Frecuentemente, añadirei novas entradas sobre unha temática de gran variedade o cal, servirá para poder investigar e aprender diversas cousas.
Este blog foi creado para a asignatura de TIC no IES Pintor Colmeiro